TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA. AXUDAS Á ACCESIBILIDADE


Accesibilidade Os cursos de Tagen Ata inclúen unha serie de funcionalidades deseñadas que aseguran que o contido sexa accesible para persoas con discapacidades que empreguen tecnoloxías asistidas para acceder á web. Estas funcionalidades sinálanse a continuación.


Discapacidade Visual Os cursos ofrecidos na aula están dispoñibles en formato PDF, sendo posible a súa audición mediante un programa que o reproduza. Para isto, o alumnado ten que entrar na aula introducindo o seu usuario e contrasinal e acceder ao curso desexado. Unha vez no curso, ao final de cada unha das leccións disporá dos contidos íntegros en formato PDF. Unha vez aberto o arquivo desexado, poderá escoitalo co seu programa de locución. Non obstante, pola natureza dos cursos ofertados, non todos son axeitados para discapacidades visuais severas.


Discapacidade Auditiva Os cursos ofrecidos na aula están adaptados para persoas con discapacidade auditiva, dado que toda a información fundamental do curso está en formato escrito.


Discapacidades Cognitivas Os cursos non ofrecen axudas específicas para persoas con discapacidades cognitivas. En función de cada curso, o alumnado debe posuír un nivel previo de cualificación.


Discapacidades Motrices Os cursos son realizables coa axuda de elementos auxiliares.